Presentación
Deseñador desde antes de que houbese pantallas en todos os petos. Comecei con papel, tinta e cartaces; seguín con píxeles, grids e fluxos de usuario. Máis de 25 anos traballando nas dúas beiras do deseño.
Traballos
Percorrido
Fotografía: La Diapo
Nacín en Ribadeo en 1975 e vivo na Coruña desde o ano 2000.
Estudei Deseño Gráfico en Ourense e comecei a traballar cando a web aínda estaba construíndo as súas propias regras. Aqueles primeiros anos foron a miña entrada ao mundo dixital.
Máis tarde incorporeime a Netex, onde pasei máis dunha década traballando en proxectos dixitais para o ámbito educativo. Co tempo asumín a coordinación de proxectos e a dirección dun equipo de deseño, colaborando con clientes, programadores, ilustradores, pedagogos e outros perfís especializados.
Nos últimos anos o meu traballo centrouse no deseño de produto dixital. Actualmente traballo en Nomasystems, participando na creación de aplicacións e servizos dixitais pensados principalmente para dispositivos móbiles.
Cambiaron as ferramentas, os formatos e os contextos, pero non tanto o que me interesa: entender os problemas, compartir criterio e construír solucións claras e útiles.
Contacto