2001 · Deseño Gráfico

Trazos de Galicia

Imaxe principal da exposición e portada do catálogo Trazos de Galicia. Un percorrido pola historia do debuxo contemporáneo galego, organizada pola Deputación da Coruña en 2001.

Trazos de Galicia — Portada do catálogo

Un proxecto desenvolvido en colaboración coa miña irmá Marigel, deseñadora e maquetadora en Rey de Oros, responsable do deseño e da maquetación da exposición. A miña achega centrouse na creación da imaxe principal, que protagonizou tanto a portada do catálogo como a propia mostra.


A exposición, producida por Rey de Oros en colaboración co museógrafo Pepe Barro, reuniu obras dalgúns dos artistas plásticos contemporáneos máis relevantes de Galicia. A proposta poñía o foco no trazo como elemento esencial da linguaxe plástica, con especial atención ao retrato construído a partir de liñas sinxelas. De carácter itinerante, percorreu diferentes concellos e salas da provincia da Coruña e chegou tamén a Milán.