Deseño de marca e de escenografía
At home with Ellen ten damme

Comezo dunha colaboración con Ellen Ten Damme no deseño do seu decorado e da súa produción, na que integramos a súa actuación en escena coa súa identidade corporativa. Creando un espazo que reforzase a súa marca e promovese a súa imaxe pública como icona cultural do entretemento neerlandés.

Usando a música e o entretemento para reflectir a identidade da artista, desenvolvemos a súa imaxe pública creando un espazo en transformación constante e en movemento. A diferenza da identidade corporativa clásica, onde plataformas como un sitio web ou publicacións impresas son a norma para a publicidade e o marketing, distinguímonos aventurándonos na enxeñaría. Mostrando a artista tal e como é mediante ferramentas fóra do común.

Demos ao decorado un sentido de monumentalidade, poñendo no centro a artista e creando un contorno versátil, con gran capacidade de transformación, que subliñaba o seu estatus de prima donna. A paisaxe adquiriu unha forma en evolución e cambio constante grazas ao uso de téxtil e luces en movemento. Creando un espazo onde a artista leva o público consigo nunha viaxe polas súas historias e te fai sentir, como describe o título, “at home with Ellen”.


Créditos
cliente: Ellen ten Damme bv / concepto visual e dirección de arte, concepto de iluminación: Mariola Lopez Mariño, Lopezlab Amsterdam / concepto e deseño de escenografía: Mariola Lopez Mariño, Annekatrien van Meegen / produción: Danny Ellinger / construción do escenario: De man Met De Hamer