Deseño editorial
Bloom luscious

Unha publicación sobre as flores e as plantas e a súa influencia en varias industrias; Bloom adopta un enfoque de vangarda en todo o relacionado co ambiental e o sustentable.

Este número especial, “Luscious”, leva á paisaxe exuberante do Brasil. A publicación celebra a fertilidade infinita das plantas e da vida na terra. Asocia esta explosión de vida do mundo vexetal coa que se ve nas distintas formas de vida da terra e na diversidade cultural das persoas que comparten este espazo. Cun uso estruturado da cor, as maquetacións son inconformistas, igual que o uso dunha tipografía audaz. Arredor desta publicación articuláronse unha serie de conferencias e eventos, e tamén unha exposición de éxito na Embaixada do Brasil en París.












Créditos
cliente: Trend Union / dirección de arte: Lidewij Edelkjoort / edición: Lili Tedde / deseño: Mariola López Mariño / textos: Maiá Mendonca, Philip Fimmano/ fotografía: varios autores / impresión: Lecturis / estilismo da exposición: Sergio Machado